Friday 17 de May de 2024

Unha quincena de rapaces e rapazas participaron nun curso teórico-práctico de iniciación á fotografía do Concello de Lousame


 

Unha quincena de veciños e veciñas de Lousame está a participar nun Curso Teórico-Práctico de Iniciación á Fotografía, organizado polo Concello de Lousame e impartido polo Colectivo Olláparo (Boiro). Un curso que tivo lugar durante todos os sábados do mes de outubro na Casa da Cultura de Lousame e que incluíu dúas saídas para poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

Unhas saídas que tiveron como destino as minas de San Finx e a contorna de San Xusto de Toxosoutos e nas que estiveron acompañados pola concelleira de Mocidade, Silvia Agrafojo. Uns traballos que serán analizados este sábado 1 de novembro durante a derradeira sesión de traballo do curso.